Asoc. de Comercio e Hostalaría de Allariz

A Asociación de Comerciantes e Hostalaría de Allariz é unha entidade sen ánimo de lucro que a día de hoxe consta con máis de oitenta asociados de practicamente todos os sectores comerciais.

Fundada no ano 1998, desde a súa creación perseguiu, como fins únicos, o apoiar e potenciar ao máximo posible o pequeno comercio, hostalería e restauración a través de diversas iniciativas e convenios que sirvan de axuda aos establecementos da nosa vila.

Desde a Asociación promóvese a formación, organizando cursos formativos cada pouco tempo que, sobre todo, están orientados a fomentar as novas tecnoloxías como algo cotián.

A defensa dos asociados ante calquera organismo público ou privado tamén é un dos deberes da asociación así mesmo informar aos asociade@s sobre axudas e subvencións que poidan resultarlles de interese.

Outro labor de importancia que leva a cabo é o de impulsar iniciativas publicitarias periodicamente: con promocións conxuntas, sorteos, etc. co fin de ofrecer atractivos ao consumidor á hora de realizar as súas compras.

Estatutos