Aviso Legal

A páxina Web pertencente ao dominio comercioehostalariaallariz.com é propiedade da Asociación de Comercio e Hostalaría de Allariz (“Asociación” en diante), con domicilio en C/ San Lorenzo 3 – Baixo, 32660 Allariz (Ourense), NIF G32244998, teléfono 988 442 584, email info@comercioehostalariaallariz.com.

Obxecto

A Asociación, responsable do sitio web, pon a disposición dos usuarios o presente documento co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), así como informar a todos os usuarios do sitio web respecto a cales son as condicións de uso do sitio web.

Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fóra de aplicación.

O prestador resérvase o dereito a modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios as devanditas obrigas, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web do prestador.

Responsabilidade

A Asociación exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo a este. Ademais, resérvase o dereito de emprender accións legais contra inclusións de comentarios por parte de terceiros, de carácter ofensivo ou que afecten á reputación, tanto do prestador coma de terceiras persoas.

O sitio web da Asociación pode utilizar cookies (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización do sitio. As cookies utilizadas no sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal coa única finalidade de facer máis eficaz a súa transmisión ulterior e desaparecen ao rematar a sesión do usuario. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.

Dende o sitio web do cliente é posible que se redirixa a contidos de terceiros sitios web. Dado que a Asociación non pode controlar sempre os contidos introducidos polos terceiros nos seus sitios web, este asume ningún tipo de responsabilidade respecto aos devanditos contidos. En todo caso, o prestador manifesta que procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección ao devandito sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.

Protección de datos persoais

A Asociación encóntrase profundamente comprometido co cumprimento da normativa española de protección de datos de carácter persoal, e garante o cumprimento íntegro das obrigas dispostas, así como a implementación das medidas de seguridade dispostas no art.º 9 da Lei 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e no Regulamento de Desenvolvemento da LOPD.

Os datos recollidos por parte da Asociación cinguiranse unicamente aos tratados no formulario de contacto (nome e dirección de correo electrónico) co único fin de atender as súas mensaxes e sen ningunha cesión a terceiros. En caso de que un usuario que enviase un formulario queira que os seus datos sexan eliminados da base de datos da Asociación, unicamente terá que comunicalo e serán eliminados.

A Asociación pon a disposición dos usuarios a Política de Privacidade da entidade informando os usuarios respecto aos seguintes aspectos: Datos do Responsable do tratamento, Datos tratados, Ficheiro no que se almacenan, Finalidade do tratamento, Obrigatoriedade ou non de facilitalos, así como as consecuencias en caso de non os facilitar, Sobre os dereitos que asisten a todo usuario e o procedemento para exercitalos.