Descripción del proyecto

A Tulla

Non hai moito tempo utilizábase a cotío “A Tulla”, palabra que designa o lugar destinado a almacena-lo gran.

Hoxe intentamos gardar e amosar nela obxectos e oficios que noutrora foron imprescindibles e que van quedando arrinconados no saber dalgún dos nosos maiores ou nas sombrías adegas das vellas casas de pedra.

Todo este saber podes percibilo en “A Tulla” a través das chancas, instrumentos musicais, das labouras en liño, coiro, folla de lata, flores secas, vidro, cestería, forxa e sobre todo saborealo cos doces que “Fina Rei” elabora mantendo a máis xenuína tradición da vila de Allariz.

Dirección:

Rúa Castelao s/n, 32660 Allariz

Teléfono:

988 440 103

E-mail:

ana@atulla.com

Horario

Verán:

11:00 a 14:00, 17:00 a 20:30

Inverno:

11:00 a 14:00, 16:30 a 20:00