Turismo en Allariz

A mestura de tradición e modernidade, de historia e futuro, son as características principais que evocan as súas rúas, o seu transcorrer, o seu día a día.

Allariz é unha aparición de pedra aniñada entre os verdes bosques que a rodean e bañada polo rio Arnoia, penetrarse nun espazo cunha personalidade marcada e patente é o que o visitante sente no momento que pisa as rúas de Allariz por primeira vez.

O patrimonio monumental do noso pobo é un dos máis ricos de Galicia, quedando patente coa declaración en 1971 de Conxunto Histórico Artístico e reforzando este premio en 1994 co Premio Europeo de Urbanismo ao seu centro histórico, o cal ofrece un aspecto magnífico grazas ao esforzo rehabilitador dos últimos anos.

Sumándose a este espazo a 6 km de Allariz Santa Mariña de Augas Santas. No ano 1931 foi declarado Monumento Histórico Artístico o contorno da Igrexa de Santa Mariña e no ano 1963 a comarca Conxunto Histórico Artístico.

Sta. Mariña de Augas Santas constitúe un atractivo conxunto histórico, artístico e paisaxístico no que se mesturan historia, tradición e lenda.

E se falamos de patrimonio natural, atopámonos co Ecoespacio de “O Rexo” que é a obra resultante dunha intervención pictórica e escultórica do artista Agustín Ibarrola sobre un espazo natural reutilizado.

A todo iso, súmaselle a súa rica artesanía destacando o coiro e a cerámica, as súas festas e costumes populares. A gastronomía, co almendrado por bandeira e a empanada como acompañante fiel, regado iso se, polos licores que se fan na devandita vila.

Todo isto fai de Allariz un lugar inigualable.

Elixir Allariz como destino é garantía do diferente. Á calidade dos servizos e as infraestruturas, úneselles unha oferta de lecer baseada na nosa cultura e a nosa historia e un legado histórico e artístico sen comparación.

Neste escenario brotan con forza as manifestacións culturais, dende as festas populares: Festa do Boi, Festa de San Bieito – ata as feiras anuais gastronómicas e artesanais: Festa da Empanada, Feira de Artesanía, Feira do Doce – que tanto se están potenciando na vila.