Achégate a Allariz

Allariz está situado na provincia de Ourense, aproximadamente a 100 kms de distancia dos principais aeroportos galegos (Vigo e Santiago) e a 20 kms da estación de tren de Ourense.

A escasos quilómetros discorre a Autovía Rías Baixas (A-52) que une as localidades de Benavente e Vigo, servindo de enlace para aqueles visitantes que proveñan de zonas situadas máis ao leste de España ou ben para aqueles que desexen desprazarse dende Portugal.

Ademais goza dunha excelente comunicación por autobús con toda a Península Ibérica, habendo rutas ás principais cidades incrementándose a devandita frecuencia de comunicación para territorio galego.