Goza Allariz

Allariz posúe unha vida dinámica e chea de actividades que abranguen todos os campos de ocio para que, tanto os seus propios habitantes coma os seus visitantes, gocen de experiencias únicas.

Encravada no Casco Histórico, rodeada dun ámbito rústico con casas rehabilitadas que lle confiren un carácter singular, encóntrase a Zona Comercial Outlet, na cal tanto firmas de prestixio coma comerciantes locais ofrecen artigos de moda e complementos, artesanía, produtos locais e de delicatessen. O ambiente que envolve esta zona fai que ir de compras en Allariz convértase nunha experiencia diferente.

Ao falar de gozar en Allariz non se nos pode esquecer un costume moi arraigada nesta vila, saír a dar un paseo e saborear un bo viño ou unha refrescante cervexa acompañados dunhas tapas.

Ben sexa nos negocios situados no Casco Histórico como os que o rodean, todos eles contan con excelentes menús alcanzables para todos os públicos.

Turismo en Allariz - Comercio e Hostalaria de Allariz
Turismo en Allariz - Comercio e Hostalaria de Allariz
Turismo en Allariz - Comercio e Hostalaria de Allariz

Festa da Empanada, Festa de San Benito, Semana Santa ao Vivo ou a recoñecida Festa do Boi son algúns dos festexos que se poden gozar en Allariz.

Tratando de acaparar a todos os públicos e todas as épocas do ano, as festas que se celebran en Allariz repártense ao longo do ano incorporando diversas actividades nas que, dende os máis pequenos ás persoas de máis avanzada idade, poden ser partícipes.

Todo iso compleméntase co carácter festivo e alegre que caracteriza os habitantes de Allariz, proporcionando aos visitantes un ambiente cálido e familiar.

Ver tódalas festas >>

Turismo en Allariz - Comercio e Hostalaria de Allariz
Turismo en Allariz - Comercio e Hostalaria de Allariz
Turismo en Allariz - Comercio e Hostalaria de Allariz

Co río Arnoia cruzando o concello e rodeados de sendeiros e montes frondosos que caracterizan a Galicia, Allariz conta con multitude de actividades e eventos para o desfrute dos amantes do deporte.

O concello de Allariz e o seu ámbito máis próximo conta con máis de 100 kms de rutas, que na súa maioría son aptas tanto para sendeirismo coma para bicicletas e cabalos, sinalado é o evento que anualmente congrega decenas de participantes, a Andaina Vila de Allariz “50 Km en 12 horas”.

Ademais, o río Arnoia permite a posibilidade de dar cursos de piragüismo e é o primeiro tramo do triatlón Vila de Allariz que se celebra no mes de agosto.

Ver turismo deportivo e de saude >>