Turismo en Allariz

Turismo en Allariz - Comercio y Hostelería de Allariz

Festa do Boi

Posiblemente a festa con máis repercusión de Allariz, nace co fin de revivir un feito acontecido no ano 1317, cando un fidalgo chamado Xan de Arzúa botou montado sobre un boi aos xudeus que se mofaban da procesión cristiá do Corpus Christi.

Tras uns anos nos que non se celebrou esta festividade, en 1983 un grupo de mozos alaricanos decide recuperala converténdose en todo un referente da vila.

Co avance dos anos e o auxe cada ano máis crecente, ademais de contar coas carreiras do boi, todo o pobo se implica para engalanar as rúas e formar parte da escenificación teatral que representa os feitos acontecidos en 1317.

Turismo en Allariz - Comercio y Hostelería de Allariz

Festa da Empanada

A festa da empanada mestura gastronomía, ocio e actividades deportivas. Celébrase o terceiro fin de semana de agosto xunto co Triatlón Vila de Allariz, o Campionato de Billarda e o de Piragüismo.

Postos de compra e degustación de empanada no campo de Vilanova con música en directo, orquestras para amenizar a verbena e gozar das actividades que se levan a cabo estes días é un plan ideal para un fin de semana de verán.

Turismo en Allariz - Comercio y Hostelería de Allariz

Festa de San Benito

Festa patronal de Allariz. A súa celebración é no mes de xullo coincidindo coa festividade de San Benito.

Son de especial interese as procesións con xigantes e cabezudos e o espectáculo pirotécnico o último día de festas.

Turismo en Allariz - Comercio y Hostelería de Allariz

Semana Santa ao Vivo

A “Semana Santa ao Vivo” nace no ano 2000 como unha proposta cultural de lecer, motivada pola gran afluencia de visitantes presentes nesas datas. Esta é unha iniciativa que abarca música de rúa en directo ademais de actividades culturais para pequenos e adultos durante estes días festivos.

Turismo en Allariz - Comercio y Hostelería de Allariz

Festas Etnográficas

No mes de agosto celébranse en Allariz las Fiestas Etnográficas. Os veciños e veciñas de Queiroás dá Igrexa e Seoane recrean, en distintos días, os traballos de antano relacionados co ciclo do pan, dende a sega, pasando pola malla e a moenda ata a fornada.

Xa en outubro ten lugar a Festa do Millo, última festa etnográfica do ano, que pretende manter vivo na memoria o proceso de cultivo deste cereal tan importante durante moitos anos nesta, ben chamada, Terra do Millo.