Saborea os nosos produtos

Rica, variada, tradicional, moderna, de calidade… son moitos os adxectivos que se lle poden atribuír á gastronomía allaricense, que influenciada polas diferentes épocas polas que pasou Allariz, foi recollendo o mellor de cada unha delas, dando como resultado un amplo abanico de produtos os cales se poden degustar e adquirir nos establecementos da vila.

Embutidos, Queixo do Rexo, Carne de Boi, os Almendrados e a Torta de Améndoa de Allariz, Roscas de Pico ou Licores son algúns dos produtos bandeira da nosa gastronomía, incluídos nos menús dos nosos establecementos e nas diversas tendas de alimentación e delicatessen que se atopan na nosa vila.

Para ir de tapas ou comer de prato, os negocios de restauración ofrecen aos seus comensais menús variados e para todos os petos, onde o ambiente máxico de rúas empedradas, natureza e edificios históricos rehabilitados fan que unha comida transfórmese nunha experiencia única.